Benvidos e benvidas ó sitio web do podcast Gurrucho de Vozcast. Somos un pequeno grupo de xente que se xunta para crear un podcast en galego. Falamos de temas que nos gustan e nos interesan. Non temos ningunha pretensión, nin tampouco moita vergoña. Aquí tedes os nosos últimos programas, porén, para ver a lista completa podedes ir ao apartado Podcast.

Gurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galego – Gurrucho de Vozcast

Gurrucheiros na faena
Podcast
Cada mes sacamos un episodio ou dous do noso programa e neste blog podedes atopar todos os podcast en galego que imos publicando en ivoox, podgalego e anchor. Tamén publicamos algúns anacos interesantes dos mesmos e artigos relacionados cos temas que tratamos. Os temas que tocamos son variados, case sempre adicando un programa a un xénero ou concepto xeral, e a unha obra ou autor particular. Así, por exemplo, se falamos de fantasía épica en xeral, adicámoslle un bloco a un autor ou obra de fantasía épica, non sei, por exemplo… Tolkien?
Tráilers
Na sección de Tráilers podedes atopar pequenos anacos de series que propoñemos á TVG3 para que poidan ampliar o seu catálogo, non tanto de series, se non de xéneros de ficción, que ben poucos traballan. Distopía, aventura, ciencia ficción, vampiros, zombies, fantasía… temos de todo, pasen e miren!
Música
No apartado de música temos enlaces a Spotify das canción que creamos nós mesmos para eses tráilers que facemos. Tentan absorver o espírito dos xéneros que representan, e coido que algunha igual o consegue e todo. Teñen licencia Creative Commons, polo que son descargables e usables para quen lle interese.
Rol
Hai outra sección para rol, xa que cando lle adicamos un programa a esta disciplina creamos un xogo coa súa historia e regras. O material que usamos está dispoñible nesta páxina.
Por último temos un apartado de contacto por se queredes enviarnos algúnha mensaxe con algunha suxerencia, comentario ou un simple saudo.
days
hours minutes seconds
until
Gurrucho Vikings