Sin categoría
Tráiler de “Tartufo Reload”
O tráiler do musical galego que escurecerá a West Side Story e ó Rey León xa está dispoñible cunha remasterización nos famosos Camanhou Studious das Baixas Rías Baixas. Proximamente na TVG-3!!!
Uns superheroes galegos: Cormomán e Ghavota
Un texto inédito de Franciscus Al Pharoo.
– Para que lado tirará un superheroe galego?
– Depende.
– A súa condición de superheroe vai sempre ligada a combater o mal? En caso de dúbida existencial, necesariamente a alternativa debera ser pasar ao outro lado, ao dos viláns?
Aire limpo. Un relato inédito de Phinnin K. Dickus
Aire limpo
Adicado ós marxinados que teñen que fumar moi ó seu pesar.
1
Os cinco turbofiltradores facían soar a súa mononota sen descanso. Son bos para o teu país, rezaban os carteis de fisiopropaganda. A Leo non lle gustaba o seu aspecto enxordecedor, cos seus neóns fucsia dispersando a súa luz na noite opaca de Vigocidade. Prefería a tradicional propaganda telepática, coas súas rimas asonantes de inxenuos pareados.
Tsume shogi (problema de mate). Problema 1
Para comezar, aí vai un sinxelo. Sente dá mate en 5 Seguir lendo