Uns superheroes galegos: Cormomán e Ghavota

Un texto inédito de Franciscus Al Pharoo.

– Para que lado tirará un superheroe galego?

– Depende.

– A súa condición de superheroe vai sempre ligada a combater o mal? En caso de dúbida existencial, necesariamente a alternativa debera ser pasar ao outro lado, ao dos viláns?

– Home, así polas bravas, non sei eu.

– Polas bravas?

– Quero dicir, que pode elixir o camiño do centro antes que simpatizar co inimigo, digo eu.

– Do centro? En plan Ciudadanos?

– Non, nese plan non, con algo de ideoloxía, é dicir, xustificando dalgunha maneira o cambio.

– Xustificando o cambio? E como fai? Chama ao xefe… Boas xefe, mire, é que despois de vinte anos ao servizo dos bos e necesitados, agora mesmo víñame ben un cambio de aires…

– Os superheroes non teñen xefes.

– Dirás os superheroes en solitario, porque hai grupos, por exemplo os catro fantásticos. Terán que ter un xefe.

– Bueno carallo, eses xa non se sabe se son catro ou vinte. Ademais a quen vas xuntar aquí para facer de superheroe? A catro non xuntas nin para a partida.

– E como lle queres chamar a ese súper galego?

– Non sei. Ghavotaatómica?

– Chámalle Cormomán.

– Cormomán? Pode valer.

Deixar unha resposta