Tsume shogi (problema de mate). Problema 1

Para comezar, aí vai un sinxelo. Sente dá mate en 5 (Nos problemas de mate ou tsume-shogi emprégase a notación xaponesa. Para profundizar no tema, consultade o artigo:

https://en.wikipedia.org/wiki/Shogi_notation.

Por exemplo, nunha partida que comeza coa apertura Dragón Coreano -bautizada así por “gurrucho”- teríamos as seguintes xogadas:

7-6 (fu ou peón)

3-4 (fu ou peón)

3 8-8 角 成 (kaku ou bispo promociona)

4  同 銀 (gin ou prata vai ó mesmo sitio)

Esta partida constaría de 4 movementos,  2 realizados por sente e 2 por gote.)

 

 

Tede en conta que para que a solución sexa a correcta:

Cada xogada de sente debe ser un xaque.

Sente ten que empregar todas as pezas que ten en man.

Gote realiza sempre a mellor defensa, a que prolonga durante máis tempo o xogo.

 

 

Podedes montar a posición en:

http://play.mogproject.com/

SOLUCIÓN:

▲ 5 4 金. En breve escribirei as variantes…

Por certo: o rei do sente non ten por que amosarse no taboleiro. Cousas dos xaponeses…

Deixar unha resposta