Guión inédito do tráiler “Piratas de Ría”

PROLOCQUIO:

Caderno de bitácora:

     Xaneiro de 1745, repoñendo folgos na illa de Tambo… estou canso de escreber, de cociñar choco con fabas na súa tinta, de apañar moedas e de agochalas en furnas infernais. Estou farto de fuxir dos canóns, de ofrecer reinos ós bretóns e recibir esmolas, de ofrecer gloria ós Asturianos e Portugueses e saír dos pazos con palmadiñas na caluga. Aquí, canso de navegar, eu, o Capitán Lanho, escrebo as derradeiras liñas da miña travesía, anoto os últimos puntos no mapa que agocharei nunha botella de augardente…

     Porque o ouro dos galeóns xa non está en Rande, hai tempo que os chinchos e as xoubas non se meten entre as pútridas madeiras e os descarnados esqueletes. Só me queda a lectura, ese pracer que o Erudito de Domaio me ensinou cando eu era mozo, rir, comer e beber lembrando os cormoráns abrindo as ás ó vento…

Seguir lendo